O podcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa
…
continue reading
1
#Petisco lixeiro. O lado escuro de Suecia
12:54
12:54
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
12:54
Suecia é hoxe un estado referente por moitas razóns ben xustificadas, porén, até non hai moito executou unhas políticas racistas, euxenésicas e de colonización interior contra a súa poboación sámi e tornedaliana propias de reximes totalitarios. No podcast tratamos destas políticas e de como o estado sueco leva anos tentando reparar o mal feito até …
…
continue reading
Os Países Baixos é un dos estados menos relixiosos de Europa, porén nunha franxa de territorio entre a costa de Zeelandia e a fronteira con Alemaña hai unha serie de concellos cunha importante poboación protestante especialmente relixiosa e tradicional. É o que lle chaman Bjibelgordel, un cinto bíblico onde vacinarse, traballar en domingos ou levar…
…
continue reading
1
#Episodio Especial. Galicia na Sociedade das Nacións, fito ou mito?
42:34
42:34
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
42:34
O nacionalismo galego busca desde hai décadas o recoñecemento internacional de Galicia como nación por parte doutros actores internacionais. Un dos primeiros éxitos foi no 1933, a representación do país na IX xuntanza do Congreso das Nacionalidades Europeas, unha organización non gubernamental internacional que representaba as diferentes nacións se…
…
continue reading
1
#37. O mirandés. A variante do asturleonés oficial en Portugal, seica.
1:05:05
1:05:05
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:05:05
O mirandés é a forma local do asturleonés no territorio de Miranda do Douro, en Portugal. Hoxe en día está en grave de risco de desaparición, aínda que nos últimos anos o estado portugués aprobase medidas para protexelo, medidas que non sempre son executadas. Pola contra, o asturleonés goza de máis vitalidade en Asturias, onde hai unha campaña pote…
…
continue reading
1
#36. Occitania. 1000 anos resistindo a hexemonía de París
1:03:36
1:03:36
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:03:36
Occitania é un territorio extenso no que se fala occitano e que abrangue varias rexións e catro países (Francia, Italia, Catalunya e Mónaco). Falamos neste episodio das diferentes identidades que coexisten no territorio xurdidas entorno a esta lingua. E falamos de identidades, en plural, porque ao ser o occitano falado nun territorio tan extenso ex…
…
continue reading
1
#Petisco lixeiro. O mesías que non foi
13:31
13:31
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
13:31
Durante a milenaria historia da relixión xudía houbo varios individuos que se proclamaron mesías, seguramente o máis famoso foi Sabbatai Zevi, un xudeu sefardí de Esmirna que provocou un auténtico cisma nas comunidades xudías de media Europa e Oriente Medio. O Sabbatai non acabou ben de todo, porén, unha parte pequena dos seus seguidores continuou …
…
continue reading
1
#Petisco lixeiro. A cuestión lingüística grega
14:32
14:32
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
14:32
A lingua grega lévase falando no territorio da Grecia actual desde hai milenios, porén o idioma evolucionou e foi cambiando debido ás influenzas dos pobos que pasaron polo país. Coa independencia de Grecia, o debate sobre que forma de grego usar causou un cisma nacional que chegou a provocar disturbios e pelexas con mortos entre os que defendían un…
…
continue reading
1
#Petisco lixeiro. O conflito de Adjara
11:06
11:06
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
11:06
Adjara é unha rexión autónoma de Xeorxia. Nela viven vario pobos, fundamentalmente adjaros que son unha sub-etnia xeorxiana que profesa a fe islámica. Como consecuencia, no período soviético foi un territorio autónomo e despois da independencia xeorxiana do 1991 mantivo ese autogoberno e mesmo estivo a piques de converterse no terceiro territorio s…
…
continue reading
1
#Petisco lixeiro. Unha ‘guerra esquecida’ na Europa actual
13:50
13:50
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
13:50
En Europa hoxe hai algúns conflitos bélicos activos, outros están conxelados pero hai un que oficialmente aínda enfronta a dous estados do continente: Grecia e Albania. Conforme a lexislación grega aínda está en vigor un estado de guerra co seu veciño setentrional. Isto débese as consecuencias dunha traxedia vivida por unha sub-etnia albanesa: os c…
…
continue reading
1
#35. Microestados lonxevos: Couto Mixto, Cospaia, Poljica e Sark
1:10:19
1:10:19
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:10:19
Ao longo da historia houbo unha chea de microestados en Europa pero a maioría deles duraron ben pouco e xurdiron como consecuencia de guerras ou revolucións. Porén, existen casos de microestados que tiveron unha vida bastante longa, entre eles un que é ben próximo a nós: o Couto Mixto, situado na raia seca.…
…
continue reading
1
#34. Chipre. Séculos de convivencia e 49 anos de división
1:39:27
1:39:27
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:39:27
A illa de Chipre está nun punto estratéxico do Mediterráneo e isto facilitou que nela se asentasen múltiples pobos: armenios, venecianos, británicos... Hoxe, as dúas comunidades principais da illa, grecochipriotas e turcochipriotas, viven divididas desde hai case cinco décadas. Porén, a pesar do conflito sen resolver e o fracaso das negociacións pr…
…
continue reading
1
#33. Baviera. Alén dos estereotipos das salchichas e o oktoberfest
1:12:47
1:12:47
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:12:47
Baviera é un dos 16 länder da República Federal de Alemaña, ten unha identidade forte e diferenciada, un autogoberno potente e mesmo un movemento independentista con certa relevancia. Estas características baseanse nunha historia na que Baviera tivo un rol moi importante na política de Europa central como actor autónomo.…
…
continue reading
1
#32. Gales. Entre a adaptación e o inconformismo
1:22:00
1:22:00
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:22:00
A identidade de Gales é complexa como a súa historia, chea de loitas por manter a súa autonomía pero tamén de períodos nos que o pobo se adaptou ao dominio foráneo. Hoxe a identidade galesa está ben viva, pero iso non quere dicir que a súa lingua goce da mellor saúde ou que o seu autogoberno sexa sempre respectado por Londres.…
…
continue reading
1
#31. Ucraína (III). Desde o final da Segunda Guerra Mundial até a actualidade
1:29:13
1:29:13
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:29:13
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta terceira parte falamos dos convulsos últimos…
…
continue reading
1
#30. Ucraína (II). Desde comezos do século XIX até o final da Segunda Guerra Mundial
1:23:27
1:23:27
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:23:27
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta segunda entrega centrámonos nos tráxicos 200…
…
continue reading
1
#29. Ucraína (I). Do Rus de Kíiv ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca
1:16:15
1:16:15
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:16:15
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta primeira entrega comenzaremos no Rus de Kíiv…
…
continue reading
1
#28. O aragonés. Lingua de montañeses, poetas e reis
1:03:40
1:03:40
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:03:40
O aragonés é hoxe un idioma en perigo, falado nos vales pirenaicos da comunidade autónoma de Aragón pero conta cunha limitada protección legal. Porén, hai séculos era o idioma de reis e trobadores. Neste idioma fixéronse tratados e cancioneiros pero coa chegada da dinastía Trastámara comezou a esmorecer. Hoxe existen unha chea de iniciativas cidadá…
…
continue reading
1
#27. O Rif. A rexión indómita do Maghreb
39:35
39:35
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
39:35
O Rif é unha rexión maghrebi historicamente marxinada. A difícil orografía e posición xeográfica dificultou a comunicación con territorios veciños e máis o seu desenvolvemento. Pero isto tamén facilitou o xurdimento dunha identidade local na que a lingua e cultura amazigh e a historia recente chea de rebelións e protestas xogan un rol fundamental.…
…
continue reading
1
#26. O romanche. A máis descoñecida das catro linguas oficiais de Suíza
1:16:49
1:16:49
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:16:49
O romanche é un idioma bastante pequeniño (é falado por un 0,5% da poboación suíza), algo descoñecido e limitado a áreas periféricas. Aínda así, é a cuarta lingua oficial de Suíza xunto co alemán, o francés e o italiano. Neste episodio repasamos a situación da lingua e a historia de Suíza pero centrámonos no Cantón dos Grisons, o cantón máis grande…
…
continue reading
1
#25. Flandres. Unha nación sen estado pero cunha case completa autonomía
1:46:57
1:46:57
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:46:57
Flandres é unha nación sen estado, pero que foi capaz de defender durante toda a súa historia a súa autonomía, lingua e identidade. Hoxe Flandres e os flamencos gozan dunha importante autonomía e a lingua flamenca está completamente normalizada en Flandres, pero non sempre foi así. Durante séculos Flandres foi o territorio máis pobre e menos dinámi…
…
continue reading
1
#24.2. O irlandés (II). Entrevista con Lucía Atencia e Andreas Vogel, residentes no Gaeltacht de Connemara
42:57
42:57
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
42:57
Episodio extra, continuación do anterior no que falamos do irlandés. Nesta ocasión falamos con Lucía Atencia, unha galega afincada en Irlanda, profesora de primaria que imparte en irlandés e que ademais foi correctora da versión galega de A boca pobre, o libro de Flann O'Brien. E ademais, como xa bonus track, tivemos a posibilidade de falar coa súa…
…
continue reading
1
#24. O irlandés. Un idioma con estado propio que resiste a pesar da hexemonía do inglés
1:04:14
1:04:14
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:04:14
O irlandés é o idioma nacional e oficial na República de Irlanda e está protexido en Irlanda do Norte. A pesar de que é un idioma con estado de seu e de que foi quen de sobrevivir nos últimos séculos, segue en risco de morte. Neste episodio falamos de como o irlandés pasou de ser o idioma principal da illa a ser só falado por pouco máis dun 1% da p…
…
continue reading
1
#23. Os bosníacos. Un pobo con estado de seu pero xurdido hai só unhas décadas
1:37:37
1:37:37
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:37:37
Os bosníacos son unha das tres nacións constitutivas de Bosnia e Hercegovina e o pobo máis numeroso do estado representando case o 50% da cidadanía. Aínda que esta identidade ten séculos de historia, oficialmente só xurde como tal nos anos 70. A nivel lingüístico e, en parte cultural, non se diferencian casi dos seus veciños serbios e croatas pero …
…
continue reading
1
#22. Schleswig-Holstein. Un territorio europeo de fronteira entre Alemaña e Dinamarca
1:02:00
1:02:00
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:02:00
Schleswig-Holstein é un territorio de fronteira cunha historia complexa e marcada polas reviravoltas dinásticas. Hoxe este territorio é parte fundamentalmente da República Federal Alemana, aínda que un anaco ficou dentro das fronteiras danesas. E en cadanseu lado desta, viven diversas minorías como a frisia, a alemana e a danesas, minorías que graz…
…
continue reading
1
#21. Moldavia. Un estado feble debido aos seus conflitos étnicos (Gagauzia e Transnistria)
1:12:58
1:12:58
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:12:58
A República de Moldavia é un país cunha identidade complexa debido á súa diversidade étnica e a súa especial relación con Rumanía. Ademais é un estado feble por dous conflitos étnicos, o de Gagauzia -que parece estar solucionado polo momento- e o de Transnistria, que durante os últimos 30 anos teñen afectado o desenvolvemento económico e político d…
…
continue reading
1
#20. Nagorno Karabakh. Unha terra que enfronta dende hai décadas a armenios e azerís
1:58:31
1:58:31
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:58:31
Nagorno Karabakh é unha rexión caucásica cunha gran relevancia histórica para o pobo armenio. Este foi o maioritario por séculos mais nel tamén vivían miles de azerís. Os dous pobos levan máis de 100 anos en disputa por esta rexión, mais desde a desaparición da URSS tanto Armenia como Azerbaijan combaten para dominar un territorio pouco máis grande…
…
continue reading
1
#19. Os corsos. Un pobo afeito a loitar pola súa identidade
1:12:53
1:12:53
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:12:53
A peculiar illa de Córsega ten unha historia con mil reviravoltas e cuxa poboación tenta manter a súa cultura, identidade e lingua a pesar das políticas uniformizadoras da república francesa. Córsega ten unha identidade moi forte e mesmo os partidos nacionalistas corsos e separatistas levan anos a gobernar a illa. A lingua corsa, a pesar de non ser…
…
continue reading
1
#CapítuloEspecial. Músicas Fóra de Mapa. Pimba, levenslied, manele, discopolo, turbofolk... e outras músicas marxinadas
1:02:54
1:02:54
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:02:54
Neste episodio especial, e moito menos serio, centrarémonos en músicas fóra do mapa, ou sexa, estilos moi populares en diferentes países pero sobre os que recaen estereotipos negativos e son rexeitados polas elites culturais. Falaremos da música pimba en Portugal, levenslied en Flandres e nos Países Baixos, turbofolk nos estados da ex-Iugoslavia, m…
…
continue reading
1
#18. Eslovaquia. Mil anos á sombra de checos e húngaros mais que agora discrimina ás súas minorías
1:14:40
1:14:40
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:14:40
O pobo eslovaco foi durante mil anos unha nación subalterna, nunca tivo un estado de seu até ben entrado o século XX e o seu despertar nacional foi máis serodio que o dos veciños checos ou húngaros. A pesar diso, a nación eslovaca foi capaz de construír un estado estable mais con importantes eivas democráticas, en especial no que afecta aos dereito…
…
continue reading
1
#17. Linguas artificiais. O esperanto, o interlingua e outras linguas artificiais auxiliares
1:18:48
1:18:48
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:18:48
Nos últimos 150 anos creáronse varias linguas co fin de facilitar a comunicación entre os falantes de diferentes idiomas. O esperanto, o interlingua e outras son idiomas artificiais e non ligados a ningún estado. A pesar de non teren un territorio propio si existen comunidades de falantes espallados por todo o mundo que empregan estas linguas tanto…
…
continue reading
1
#16. Os Silesios. Unha minoría rexurdida e negada polo nacionalismo polaco
1:31:43
1:31:43
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:31:43
Silesia é unha rexión de fronteira na que durante séculos conviviron polacos, alemáns ou checos. Durante o século XIX e XX xurdíu unha identidade propia e mestiza, diferenciada da polaca. Tras décadas de políticas asimilacionistas a lingua e identidade silesias están a rexurdir a pesar do crecente nacionalismo étnico polaco.…
…
continue reading
1
#15. Normandía. Unha rexión no centro da historia de Europa
55:07
55:07
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
55:07
Normandía é unha rexión transfronteiriza, compartida entre Francia e as illas anglonormandas. No seu territorio decidiuse a historia de Europa varias veces e hoxe mantén unha forte identidade cultural propia, tamén lingüística, aínda que o estatus da lingua normanda sexa diferente no continente e nas illas.…
…
continue reading
1
#14. Südtirol. Unha ponte entre o mundo xermánico e o latino
51:28
51:28
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
51:28
Südtirol está na fronteira entre o mundo xermano e latino, mais a pesar de disputas e conflitos durante máis dun século, a rexión foi capaz de xestionar esta diversidade cultural, lingüística e identitaria grazas ao seu autogoberno.
…
continue reading
1
#13. Macedonia. Unha ensalada de pobos e disputas
1:03:45
1:03:45
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:03:45
Macedonia foi durante séculos un crisol de culturas, pobos e linguas, e isto provocou disputas identitarias até hoxe. Neste episodio centrámonos na historia desta rexión europea e analizamos os conflitos internos e externos de Macedonia do Norte que impiden a súa integración na UE, e máis a situación da minoría macedonia en Grecia.…
…
continue reading
1
#12. Estremadura. Unha rexión cunha grande e descoñecida diversidade lingüística
1:19:36
1:19:36
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:19:36
Estremadura contén unha importante diversidade lingüística que até hai pouco sempre foi invisibilizada, descoñecida ou desprezada. A pesar de que moitos falantes non teñen conciencia lingüística, o estremeñu aínda é usado por centos de miles de persoas, especialmente no noroeste da rexión. Ademais o portugués é falado nalgunhas zonas da raia e no m…
…
continue reading
1
#11. Kosovo (II). Sete minorías que viven xuntas pero non demasiado revoltas
1:00:28
1:00:28
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
1:00:28
Neste segundo episodio dedicado a Kosovo falamos dos últimos 25 anos da historia do país e cal é o papel que xogan as minorías, tanto no relativo ao seu recoñecemento legal como á súa relevancia social. Repasamos a historia destas minorías e as súas peculiaridades relixiosas, culturais e lingüísticas.…
…
continue reading
1
#10. Kosovo (I). O país máis novo de Europa, mais con séculos de convivencia e disputas
54:44
54:44
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
54:44
Este é o primeiro dun episodio dobre adicado a Kosovo, un país cunhas características xeográficas, culturais e históricas de seu. Nesta primeira parte, centrámonos na súa historia desde a idade media até os 90. Falaremos dos mitos nacionais serbios, os moitos conflitos e estados que dominaron a zona e as disputas entre albaneses e serbios por contr…
…
continue reading
1
#9. Os alevís. A gran minoría relixiosa de Turquía
47:49
47:49
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
47:49
Os alevís, son unha minoría relixiosa que ten moita importancia na República Turca xa que representan arredor dun 15%-20% da poboación, ou sexa, entre 12 e 17 millóns de persoas que non é pouco. A súa relixiosidade está ligada ao Islam chii e súa historia resúmese nunha continua resistencia contra a opresión.…
…
continue reading
1
#8. Cornualles. Como resucitar unha lingua noutra fin do mundo
57:49
57:49
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
57:49
Cornualles é unha nación cunha identidade e cultura ben forte pero que durante 200 anos perdeu a súa lingua, o córnico. Este idioma celta falouse até a fin do século XVIII pero hoxe está a vivir un auténtico rexurdimento
…
continue reading
1
#7. Sicilia. Máis aló da mafia e a cucina della mamma
47:32
47:32
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
47:32
Sicilia ten unha cultura e identidade ben marcadas, pero sobre a que recaen moitos estereotipos e prexuízos. O siciliano foi lingua de reis, trobadores e premios nóbel mais hoxe en día é desprezado por moitos e apenas ten protección. Neste episodio pretendemos ir máis alá dos clichés do sol, gastronomía e mafia pra entender mellor a rica e variada …
…
continue reading
1
#6. Os sámis. Seica o único pobo indíxena de Europa
30:20
30:20
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
30:20
Os sámis son un pobo ó que os diferentes estados trataron de asimilar e sacar do mapa pero a pesar disto resistiron todos os intentos de seren destruidos e foron quen de crear unha rede cultural e política forte.
…
continue reading
1
#5. Os montenegrinos. De seren os serbios irreductibles a desenvolver unha identidade diferenciada
44:25
44:25
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
44:25
A identidade montenegrina é complexa, se ben Montenegro é un estado feito e dereito aínda hoxe en día hai moitos cidadáns deste país que ven esta identidade como complementaria á serbia ou que se identifican etnicamente como serbios
…
continue reading
1
#4. Os frisios. Un pobo nado entre dunas e marismas que resiste forte o paso do tempo
31:24
31:24
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
31:24
Os frisios son unha minoría lingüística espallada pola costa dos Países Baixos e Alemaña. A pesar de que o seu territorio e falantes minguaron durante os últimos séculos, os frisios manteñen con orgullo un forte apego ao seu idioma e identidade, en especial na provincia neerlandesa de Fryslân.
…
continue reading
1
#3. Os rutenos. Un pobo dos Cárpatos rexurdido e resiliente
37:34
37:34
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
37:34
Os rusyn ou rutenos viven na cordilleira dos Cárpatos divididos en diferentes estados. Ao longo da súa historia sufriron o drama da emigración, a limpeza étnica e a asimilación forzada, mais neste momento esta etnia está a vivir un rexurdimento cultural e identitario.
…
continue reading
Neste primeiro capítulo falamos dos arrumanos, ou tamén chamados vlachs, un dos pobos sen estado máis grandes da península balcánica e que na actualidade atópanse espallados por Albania, Macedonia do Norte, Bulgaria, Grecia e Serbia. Repasamos a súa historia, os seus costumes, lingua e cultura.
…
continue reading
1
#2. Os arbëreshë. Os primos italianos dos albaneses
24:09
24:09
Toista myöhemmin
Toista myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty
24:09
A minoría albanesa de Italia ou arbëreshë é unha das minorías étnicas e lingüísticas máis importantes do país. Os arbëreshë son a redor de 200.000 espallados nunha morea de aldeas e vilas no sur de Italia. A comunidade goza dunha importante vitalidade.
…
continue reading