Player FM - Internet Radio Done Right
25 subscribers
Checked 1M ago
Lisätty nine vuotta sitten
Sisällön tarjoaa A GALIZA e o GALEGO. A GALIZA e o GALEGO tai sen podcast-alustan kumppani lataa ja toimittaa kaiken podcast-sisällön, mukaan lukien jaksot, grafiikat ja podcast-kuvaukset. Jos uskot jonkun käyttävän tekijänoikeudella suojattua teostasi ilman lupaasi, voit seurata tässä https://fi.player.fm/legal kuvattua prosessia.
Player FM - Podcast-sovellus
Siirry offline-tilaan Player FM avulla!
Siirry offline-tilaan Player FM avulla!
A GALIZA e o GALEGO
Merkitse kaikki (ei-)toistetut ...
Manage series 101812
Sisällön tarjoaa A GALIZA e o GALEGO. A GALIZA e o GALEGO tai sen podcast-alustan kumppani lataa ja toimittaa kaiken podcast-sisällön, mukaan lukien jaksot, grafiikat ja podcast-kuvaukset. Jos uskot jonkun käyttävän tekijänoikeudella suojattua teostasi ilman lupaasi, voit seurata tässä https://fi.player.fm/legal kuvattua prosessia.
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
…
continue reading
218 jaksoa
Merkitse kaikki (ei-)toistetut ...
Manage series 101812
Sisällön tarjoaa A GALIZA e o GALEGO. A GALIZA e o GALEGO tai sen podcast-alustan kumppani lataa ja toimittaa kaiken podcast-sisällön, mukaan lukien jaksot, grafiikat ja podcast-kuvaukset. Jos uskot jonkun käyttävän tekijänoikeudella suojattua teostasi ilman lupaasi, voit seurata tässä https://fi.player.fm/legal kuvattua prosessia.
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
…
continue reading
218 jaksoa
Tất cả các tập
×Extrato editado da entrevista que lle fixeron a Anselmo López Carreira en "Orgullo Galego" no 2022, sobre o reino galego medieval.
Entrevista ao historiador David Porrinas, na que fala do século XI e a chegada da dinastía navarra ao reino da Galiza, á corte de León, así como das "operacións especiais de comando" no que morrian reis e... mudaban destinos... Provén do capítulo "Juego de Reinos y Taifas. El Cid", no podcast "Bellumartis", onde se pode escuitar íntegramente.…
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século X, o núcleo cristián noroccidental da península ibérica. Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século XI, na chamada "Era Compostelá". Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século X, o núcleo cristián noroccidental da península ibérica. Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.
Palestra editada da filóloga Leticia Erin sobre a literatura medieval trovadoresca galego-portuguesa. Provém das jornadas "A língua e o reino. Entre Compostela e Braga" do 2023

1 A plena normalidade linguística do galego medieval - Francisco Rodríguez 1:06:24
1:06:24
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:06:24
Palestra editada de Francisco Rodríguez sobre o uso normalizado do galego medieval. Provém das jornadas "A língua e o reino. Entre Compostela e Braga" do 2023
Entrevista ao filólogo Antonio Souto Cabo no 2024 sobre os inícios do galego escrito. Provén do podcast "Descifrando a historia" onde está íntegro.
En 1854, uns 1.770 galegos saíron enganados hacia Cuba na procura dunha vida mellor, e acabaron escravizados nas plantacións de açucar. A operación, impulsada pola oligarquía crioula, apoiada pola Casa Real e dirixida polo, tamén galego, Urbano Feixó, rematou coa fuxida ou coa morte de centos de galegos desprazadas alí. Procede de Documentos de RNE.…

1 O galego xa é minoritario. Emerxencia linguística. 1:03:19
1:03:19
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:03:19
Conversa con Marcos Maceira e Elsa Quintas (Presidente e Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística) na Asociación cultural Roxin Roxal despois dos alarmantes dados do IGE publicados pasado 11 de outubro do 2024. Por vez primeira en séculos, o galego xa é o idioma minoritario na Galiza!! E é que o Galego, malia a súa teórica oficialidade, sofre un continuo menosprezo e coaccións para poder usalo libremente na Galiza. Ou é que alguén pensa que pode usar libremente o galego, sen ningún problema, na súa propria terra?... Abonda coa propia vontade para usar o galego?... Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento?... Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos?...Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?... A resposta, infelizmente é un rotundo NON.…
Palestra do filólogo Xosé Ramón Freixeiro Mato no 2024 sobre a historia da língua galega. Dun pasado brillante na Idade Media ao seu incerto futuro na actualidade. A propósito do libro do autor publicado pola Fundación Moncho Reboiras no 2023 "A estrela que nos guia. O galego entre un pasado brillante e un incerto futuro": "A lingua galega é o maior patrimonio que o conxunto da sociedade galega actual recibiu como herdanza das persoas que historicamente as precederon como habitantes do antigo reino da Galiza (...) O galego áchase neste momento en grave perigo e de nada valería edulcorarmos o seu estado."…

1 Que é que acontece co galego?... Encontros sobre a língua 02 1:48:11
1:48:11
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:48:11
Organizado pola AGLP (a Academia Galega da Língua Portuguesa) no 2021, celebrou-se este II Encontro sobre a situaçom do galego na atualidade. Teresa Moure é a moderadora dum debate no que participam diversos escritores e sociolingüístas como Celso Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Pilar Garcia Negro, Olivia Penas e Elias Torres Feijó.…

1 Que é que acontece co galego?... Encontros sobre a língua 01 2:16:36
2:16:36
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty2:16:36
Encontro de distintos representantes do movimento associativo galego defensores da língua galega (Eliseu Mera pola AGAL, Marcos Maceira pola Mesa pola normalización, Santiago Quiroga pola Gentalha do Pichel, ou Antia Cortiças pola Fundaçom Cultural Artábria, etc...) sobre a situaçom do galego na atualidade, promovido pola AGLP (a Academia Galega da Língua Portuguesa). Aínda que este encontro aconteceu o 8 de maio do 2021, tem toda a atualidade e interesse, especialmente despois da publicaçom dos últimos dados sobre o uso do galego polo IGE.…
Palestra de Daniel Seixo no 2022 sobre a figura de Antolín Faraldo e o seu espírito revolucionário e a revoluçom galega de 1846.

1 A grande revolta Irmandiña e Xoán Branco 1:18:45
1:18:45
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:18:45
Palestra de Fran Zabaleta no 2022 sobre o século XIV na Galiza, a Grande Revolta Irmandinha e Xoán Branco. É autor do libro "Xoán Branco e a gran revolta irmandiña" Xoán Branco, notario e escribán de Betanzos, foi un dos dirixentes máis representativos da grande revolta irmandiña de1467 - 1469, o único capitán xeneral, que se saiba, que non procedía do estamento nobiliario. Ergueuse contra os seus señores, derrubou castelos e fortalezas, ordenou o axustizamento de malfeitores e acudiu perante o rei Henrique IV en representación da Santa Irmandade Galega. A súa morte, tras o fin da Irmandade, está rodeada de misterio...…
Palestra de Anxo Angueira sobre Rosalía de Castro no 2022 , o primeiro ano no que se celebrou por vez primeira o verdadeiro día do seu nascimento (o 23 de febreiro)
A
A GALIZA e o GALEGO

1 Desvendando Rosalía De Castro e a súa obra - Francisco Rodríguez 1:08:54
1:08:54
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:08:54
Palestra de Francisco Rodríguez Sánchez a propósito da apresentación do seu último libro sobre Rosalía De Castro "Desvendado Rosalía e a súa obra"
A
A GALIZA e o GALEGO

1 O Galego é libre?... Pódemolo usar libremente na Galiza??... 1:25:40
1:25:40
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:25:40
Palestra a propósito da apresentación do libro "Liberdade para o Galego", de Elsa Quintas e Marcos Maceira, membros da "Mesa pola normalización lingüística" e "Queremos Galego", na libraría Cartabón. Libro moi acaído, tras sabermos que, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA o galego é minoritario na Galiza. Os últimos datos del Instituto Galego de Estadística (IGE), publicados este 11 de outubro, revelan que a porcentaxe de residentes na Galiza que empregan exclusivamente o galego xa non é maioritario, como até agora. A situación é alarmante entre os máis novos. Un terzo dos menores entre 5 y 14 años (32%) confesa saber "pouco o nada" de galego. Ademais, só un 7% deste grupo usa exclusivamente o galego. Por que é que acontece isto? Realmente podemos usar o galego sen problema e únicamente é que estamos optando polo castelán?...…
Palestra editada de Anselmo López Carreira na Semana Galega da Filosofía do 2024 co título de "Tempo, historia, nación" referido á constitución da nacionalidade galega ao longo do tempo, no transcurso da súa historia. Desde cando nos recoñecemos como galegos?... Por qué o movimento nacionalista contemporáneo foi (e é) relativamente feble?... Galiza é unha nación, non hai dúbida. Cumpre con todos os requisitos para isto e posúe unha potente bagaxe identitaria. Conta, polo tanto, cunha clara consciencia nacional, aínda que esta sexa «larvada» (Castelao). Apresento esta palestra editada no discurso que considero máis esencial para a súa mellor comprensión. Anselmo López Carreira (Vigo, 1951) licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1976 e doutorouse na mesma Universidade en 1994. Foi catedrático de Secundaria en varios institutos e profesor-titor na UNED, así coma "Doutor Vinculado" no Instituto de Estudios Galegos «Padre Sarmiento»-CSIC. É todo un referente no redescubrimento e a reinvindicación da importancia do reino da Galiza.…
A
A GALIZA e o GALEGO

1 Os tempos da represión ao galego - Carlos Callón 1:45:01
1:45:01
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:45:01
Palestra de Carlos Callón na Semana Galega da Filosofía do 2024 de Pontevedra intitulada "O galego e o inconsciente" sobre a longa represión do galego durante séculos. Isto foi coallando no inconsciente colectivo da nosa sociedade... e reflectíndose no actual estado de minorización e perda de falantes que sufrimos. Temos constancia documental de castigos físicos por falar en galego na escola desde a primeira metade do século XVI até avanzados os anos 70 do século XX. Á violencia física contra todas esas xeracións de crianzas hai que sumar as humillacións, as burlas, a vergoña..., rexistradas tamén antes e despois desas datas. Este trauma colectivo é de tal proporción que, nun grao ou noutro, afectou a todas as familias galegas. Que restos deixou tanta brutalidade? Que débedas simbólicas cargamos polas seculares tentativas de lingüicidio? Como podemos encarar estas feridas para que libren o paso a un futuro diferente?... Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Galego-portugueses. Entre os varios títulos que publicou salientan os ensaios "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez" (2012), "O libro negro da lingua galega" (2022, Premio da Crítica Galicia de Investigación), "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos" (2011, Premio Redelibros). É presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza), entidade que dirixiu entre 2002 e 2014. Tamén presidiu durante dous anos o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minoradas.…
Palestra de Xosé María Dobarro Paz no 2005 sobre a faceta de Anxel Casal como un dos máis importes editores galeguistas do século pasado. Ánxel Casal tivo unha vida curta, pero intensa, militando nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista. En 1923 foi o director e o principal promotor das Escolas de ensino Galego. Fundou a Editorial Lar e a Editorial Nós, de onde saia o xornal de A Nosa Terra. Foi alcalde de Compostela polo Partido Galeguista e asasinado por razóns ideolóxicas en agosto do 36.…
A
A GALIZA e o GALEGO

1 A música da memoria galega - Mini e Mero 1:40:47
1:40:47
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:40:47
Palestra-concerto de Mini e Mero no 2005 sobre as cantigas e a música popular galega. Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) son músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes do grupo musical de A Quenlla.…
Última parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 sobre as as dúas principais normas que regulan o idioma galego: a isolacionaista (autonómica ou divergente) ou a reintegracionista (etimológica ou convergente)... E qual é o a alternativa mais coerente e apropriada. José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do reintegracionismo actual.…
Terceira parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 na que alude a distintas citas de diversos linguistas que apoian ou apoiaron a alternativa reintegracionista para regular a normativa do idioma galego. José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do reintegracionismo actual.…
Segunda parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 sobre distintos aspectos da normativa que regula o idioma galego, e a idoneidade da norma aplicável: a isolacionaista (autonómica ou divergente) ou a reintegracionista (etimológica ou convergente) José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do reintegracionismo actual.…
Primeira parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 sobre as dúas normas principais do Galego: a isolacionaista (autonómica ou divergente) e a reintegracionista (etimológica ou convergente) José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do reintegracionismo actual.…
A
A GALIZA e o GALEGO

1 A inxustificada ocultación do reino suevo - Anselmo López Carreira 1:05:48
1:05:48
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:05:48
Palestra de Anselmo López Carreira no 2010 sobre a constitución do reino da Galiza polos Suevos.
Fragmento da palestra de Xosé Ramón Ermida Meilán no 2022, no que expón cláramente as distintas fases históricas da evolución do reino medieval da Galiza
A
A GALIZA e o GALEGO

1 Realidade e relato na historia do reino da Galiza - Anselmo López Carreira 1:50:54
1:50:54
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:50:54
Palestra de Anselmo López Carreira no 2010, na cidade de Ourense, sobre a historia e o falso relato historiográfico sobre o reino medieval da Galiza.
A
A GALIZA e o GALEGO

1 O reino da Galiza baixo medieval. Os Castro, os Trastámara e os Irmandiños - Anselmo López Carreira 51:37
Palestra de Anselmo López Carreira no 2009, nas "Jornadas de história" no Campus de Ourense, sobre o reino da Galiza durante a Baixa Idade Media, desde a unión, en 1230, da coroa galego-leonesa e castelá.
Tervetuloa Player FM:n!
Player FM skannaa verkkoa löytääkseen korkealaatuisia podcasteja, joista voit nauttia juuri nyt. Se on paras podcast-sovellus ja toimii Androidilla, iPhonela, ja verkossa. Rekisteröidy sykronoidaksesi tilaukset laitteiden välillä.