Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 3d ago
Lisätty eight vuotta sitten
Sisällön tarjoaa Proxecto Neo. Proxecto Neo tai sen podcast-alustan kumppani lataa ja toimittaa kaiken podcast-sisällön, mukaan lukien jaksot, grafiikat ja podcast-kuvaukset. Jos uskot jonkun käyttävän tekijänoikeudella suojattua teostasi ilman lupaasi, voit seurata tässä https://fi.player.fm/legal kuvattua prosessia.
Player FM - Podcast-sovellus
Siirry offline-tilaan Player FM avulla!
Siirry offline-tilaan Player FM avulla!
Kuuntelemisen arvoisia podcasteja
SPONSOROITU
Join us for the launch of Season 6 of Biscuits & Jam on Tuesday, March 4th, 2025 with The War and Treaty’s Michael and Tanya Trotter. Learn more about your ad choices. Visit podcastchoices.com/adchoices
Podcast de Proxecto Neo
Merkitse kaikki (ei-)toistetut ...
Manage series 1315140
Sisällön tarjoaa Proxecto Neo. Proxecto Neo tai sen podcast-alustan kumppani lataa ja toimittaa kaiken podcast-sisällön, mukaan lukien jaksot, grafiikat ja podcast-kuvaukset. Jos uskot jonkun käyttävän tekijänoikeudella suojattua teostasi ilman lupaasi, voit seurata tässä https://fi.player.fm/legal kuvattua prosessia.
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
…
continue reading
222 jaksoa
Merkitse kaikki (ei-)toistetut ...
Manage series 1315140
Sisällön tarjoaa Proxecto Neo. Proxecto Neo tai sen podcast-alustan kumppani lataa ja toimittaa kaiken podcast-sisällön, mukaan lukien jaksot, grafiikat ja podcast-kuvaukset. Jos uskot jonkun käyttävän tekijänoikeudella suojattua teostasi ilman lupaasi, voit seurata tässä https://fi.player.fm/legal kuvattua prosessia.
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
…
continue reading
222 jaksoa
Kaikki jaksot
×P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 445.14: Radio Saúde Burela; Cristina Cayón Pardo e Ana Fernández 1:03:03
1:03:03
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:03:03
Nova entrega do programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado ás Relacións Saudábeis. Mais antes de empezar coa sección das entrevistas, comezamos coma sempre o programa con tres espazos colaborativos: A Noticia do Día, un Entroido libre de plásticos e a Pílula das ciencias. A primeira das entrevistas foi con Cristina Cayón Pardo, a psicóloga do CIM de Burela, coa que conversamos sobre a importancia de detectar os sinais dunha relación tóxica. Inmediatamente a seguir falamos con Ana Fernández, matrona do centro de saúde de Burela e Ribadeo. Con ela conversamos para sabermos mais sobre saúde sexual. Aprenderemos cales son as chaves para termos unha relación saudábel, respeituosa e segura co noso corpo.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 446.14: Antonio Reigosa, Mónica Pazos, Fernando Losada 1:00:04
1:00:04
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:04
Como temos por costume, comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Día. Inmediatamente a seguir atendeunos ao teléfono Antonio Reigosa para falarmos dos 20 anos do Portal Galicia Encantada. Tamén falamos con Mónica Pazos, docente de Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo, en Burela. Con ela falamos sobre a convocatoria de Queremos Galego prevista para o próximo domingo día 23 de febreiro. Xa na parte final do programa conversamos co profesor de Bioloxía Fernando Losada con motivo da recente participación do alumnado do Perdouro nas Olimpíadas de Xeoloxía. Finalizamos o programa cunha pequena crónica da experiencia.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 445.14: Radio Saúde Burela; Juan José Eiroa; Daniel Esteban Mejía; Arantxa Miguel. 1:03:18
1:03:18
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:03:18
Entraremos nun novo programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado aos tres eixos básicos para termos unha boa saúde: o exercicio físico, a alimentaçión e o sono. A primeira das entrevistas foi co médico Juan José Eiroa Bermudez, actualmente residente de terceiro ano de Medicina Familiar e Comunitaria no Hospital de Burela.Con Juan José Eiroa conversamos sobre a importancia da actividade física para a nosa saúde. Inmediatamente a seguir falamos con Daniel Esteban Mejia, cirurxán residente de primeiro ano en Medicina Familiar e Comunitaria na área sanitaria da Mariña.Con Daniel Esteban abordamos a importancia dunha boa alimentación para estarmos saudables. Xa na parte final do programa acompañounos no estudio Arantxa Miguel, médica do centro de saúde de Burela. Con Arantxa Miguel analizamos importancia do sono para o noso ben-estar físico e mental.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 444.14: Sara Freijedo, Luis Ramilo e Marta Castro 1:01:30
1:01:30
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:30
Abrimos o programa cos espazos colaborativos A Noticia do Día, Horrorgrafía, Crónica dunha viaxe. Esta vez por Lugo e a súa arte urbana da man de Guido Álvarez Parga. Entrevistamos a Sara Freijedo dende Ourense. Unha nena de 9 anos que partilla as súas aficións. Despois de falarmos con esta aluna neofalante, conversaremos com Luis Ramilo sobre a reinterpretación da canción "Fábula dos coellos" de Ismael Serrano. Falou deste proxecto colaborativo levado a cabo polo Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo, o IES Terra do Xallas de Santa Comba (A Coruña) e o IES Perdouro de Burela. Xa na parte final do programa conversamos con Marta Castro Alba, profesora de Lingua e Literatura galega que este ano está no IES Perdouro.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 443.14: Manuel Mella e Tiziana Martínez (IES Marco Camballón); Iria Guerra Pérez; Amauri Cavalcante Pereira 58:41
Como temos por costume, esta tarde abrimos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir ouvimos a colaboración que nos enviaba o profesor Fernando Losada sobre o obradoiro de minerais impartido polo xeólogo Fran Canosa, o pasado dia 15 de xaneiro, no Perdouro. Imediatamente depois entramos na primeira entrevista da tarde onde conversamos con Manuel Mella e Tiziana Martínez Vallenilla, alunos do IES Marco do Camballón que están a participar na elaboración de unha antoloxía de cancións que son poemas. Despois de falarmos con estes dous alunos neofalantes, viaxamos a Viana do Bolo para falarmos con Iria Guerra Pérez, a neta de Nene. Conversamos con ela sobre a semente que deixou o seu avó. Xa na parte final do programa, o protagonista foi Amauri Cavalcante Pereira, alumno de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa. Con Amauri Cavalcante conversamos sobre como foi a súa chegada do Brasil á Mariña con só 11 anos. Falamos tamén de como foi a sua recente viaxe ao Brasil depois de estar tanto tempo fora.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 442.14: Paco Rivas; Xosé Constenla; Lucía Fernández. 1:02:24
1:02:24
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:24
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir conversamos con Paco Rivas, filólogo e escritor, orixinario de Cervo; e residente en NOIS. Con Paco Rivas conversamos sobre o seu último libro de haikus, poemas breves de orixe xaponesa. Despois de falarmos con Paco Rivas, viaxamos á montaña do Vicedo, No lugar do Xestoso, coñecemos o famoso teatro e tamén un artista convidado. O Teatro das Cortes consolidouse en 2024 como centro de interese cultural. Alí estivo o cantautor Xosé Constenla, con quen falou Bernardo Penabade, nunha entrevista improvisada. A protagonista do terceiro dos contidos foi Lucía Fernández, profesora de Lingua e Literatura Galega no Perdouro. Conversamos con ela e os seus alunos Uxía Cabarcos, Jorge Melo e Daniel Vázquez Longarela sobre un proxecto moi especial que están levando a cabo os alunos de 1º da ESO. Lucía Fernández (a profesora) e estes estudantes de 1º de ESO explicarannos este proxecto centrado nas cantareiras homenaxeadas co motivo do Día das Letras Galegas 2025. Falamos tamén de como está a ser o proceso de creación dunha pandeireta con material de refugallo coa colaboración do profesorado e alumnado do Ciclo de Mecanizado. Na parte final da entrevista abordamos cal é a meta deste proxecto tan ambicioso, que no mes de maio acabará coa interpretación dunhas coplas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 441.14: Viagem a Cabo Verde con Bernardo Penabade 1:04:31
1:04:31
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:04:31
Esta tarde tivemos un programa moi especial dedicado a Cabo Verde. Neste primeiro programa do ano 2025, conversamos con Bernardo Penabade sobre a súa viaxe a Cabo Verde no pasado mes de novembro. Conversamos con el sobre o ámbito do ensino e da cultura, tanto musical como literária, deste país lusófono. Acompañamos o seu percurso polas illas deste arquipélago para coñecermos un pouco mellor a cultura caboverdiana. Souberemos a súa impresión sobre o funcionamento das escolas de ensino primário de Porto Mosquito e Gouveia, a escola de ensino secundário do Salineiro e, aínda, da escola de Hotelaria e Turismo, onde desfrutou dun almorzo e ofreceu unha palestra sobre as migrações. Finalmente falamos sobre a súa visita á Universidade de Cabo Verde e a palestra que ali ofereceu. Tamén conversamos sobre o seu encontro persoal co Presidente da República, após a asistencia ao lanzamento do seu libro. Falamos tamén da súa visita a Achada Falcão, símbolo da resistencia camponesa; xénese da independencia de Cabo Verde. Xa na parte final do programa abordamos o ámbito literario através dos seus encontros con Analina Rocha e Joaquim Arena.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 440.14: Radio Saúde Burela: Consellos para unhas festas saudables. 1:01:27
1:01:27
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:27
Abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e Horrografía. Xusto a seguir iniciamos o último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela que esta tarde puxo o foco en orientarnos para podermos gozar dunhas festas responsables. O fereceunos a visión panorámica Maite Lanza, da Unidade de Drogodependencia, e colaboradora habitual do programa. Con Maite Lanza falamos sobre o traballo que desenvolve esa Unidade no ámbito da Mariña. Inmediatamente a seguir, falamos con Montserrat Corral Varela, profesora de Neuro Psicoloxía na faculdade de Psicoloxía, na Universidade de Santiago. Coa Doutora Corral abordamos como afecta o consumo de drogas ao cerebro, principalmente na adolescencia. Xa na parte final, tamén nos acompañou no estudio José Luis Fernández Fernández, médico de familia no Hospital da Costa. O Doutor Fernández falaounos dos riscos directos e indirectos para a saúde provocados polo consumo de diferentes drogas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 439.14: Manuel Rivero; Ana Carreira; Xulio Oitavén. 1:01:54
1:01:54
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:54
Como temos por costume, abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e A pílula científica Comezamos o programa desta tarde conmemorando o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares de Galicia cunha entrevista a Manuel Riveiro. Con quen falamos sobre o seu libro “Universo Aurora Sampedro”, onde fai un repaso sobre a vida desta científica mariñá. Inmeditamente a seguir estivemos con Ana Carreira, con ela conversamos sobre o obradoiro de escrita creativa que impartiu no pasado 16 de novembro no Perdouro. O obxectivo dese obradoiro foi elaborar un manifesto que, xunto con outros, servirán de base para que Maria Lado redacte o manifesto final do Correlingua do ano 2025. Xa na parte final do programa desta tarde acompañounos novamente no estudio, Xulio César Ares Oitavén. Con el conversamos hoxe sobre as súas prácticas deportivas: o enduro e a pesca submarina.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 438.14: VioXen; Alicia Lage; Xulio César Ares Oitavén. 1:01:34
1:01:34
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:34
Comezamos o mes de decembro facendo divulgación das actividades celebradas á volta do 25 N. A primeira delas chegou do profesor Fernando Losada, unha crónica introducida por Miriam Beizena Vigo e realizada polo alunado de 1º de BAC que viaxou a Santiago de Compostela para participar nun acto institucional organizado pola Consellería de Igualdade. Inmediatamente a seguir ouvimos unha entrevista con integrantes de VioXén, o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero. Os alumnos de 4º PDC conversaron con María del Mar e Francisco Javier, que nos explicaron o seu labor neste ámbito. A segunda parte do programa desta semana estivo dedicado á educación na diversidade. Para falarmos do tema, contamos no estudio con dous convidados: Alicia Lage e Xulio César Ares Oitavén. Con eles conversamos sobre as súas funcións na atención á diversidade no ámbito da educación.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 437.14: Radio Saúde Burela: Rocío Valle Fraga e Minda Lusquiños 1:00:24
1:00:24
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:24
Como temos por costume, abrimos o programa cos espazo colaborativo: A noicia da Semana. Inmediatamente despois, como todos os últimos mércores do mes tivemos unha nova entrega de Radio Saúde Burela. Nesta ocasión estivo dedicada á denuncia da violencia de xénero. Acompañáronnos no estudio dúas convidadas: Rocío Valle Fraga, asesora xurídica do CIM de Burela, e Arminda Lusquiños, traballadora social do Centro de Saúde e sexóloga. Con elas conversamos sobre as súas funcións na atención de mulleres vítimas de violencia machista e abordamos con que ferramentas podemos traballar para dar apoio ás vítimas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 436.14: Josefino Quedi Barbosa Brandão; Denís Gutiérrez; Marcos Bermúdez. 1:02:52
1:02:52
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:52
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomia. Inmediatamente despois, por xentileza do profesor Bernardo Penabade, que estes dias está em Cabo Verde, ouvimos unha magnífica entrevista co director da escola Agrupamento II Complexo Educativo do Salineiro, na illa de Santiago, en Cabo Verde. Josefino Quedi Barbosa Brandão, falounos sobre como funciona unha escola de ensino secundário caboverdiana. Na parte final do programa falamos con Denís Gutiérrez, coordinador do programa Erasmus +, e con Marcos Bermúdez, aluno beneficiario do programa, que nos contou en primeira persoa como foi a súa experiencia nun centro de traballo no estranxeiro.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 435.14: Javier Miranda; Cristina Castro 1:02:47
1:02:47
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:47
Esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Imediatamente depois oímos os dous audiorrelatos finalistas do Samaín, feitos polos alumnos Alba Fernández Quelle, de 1º de bacharelato, e Abraham Díaz Palacios, de 4º PDC. Na parte central do programa de hoxe conversamos con Javier Miranda, un xoven agricultor con moita vontade de traballar e ver producir as pequenas e fértiles “Terras de Miranda”, situadas na Mariña Lucence. Con este xoven emprendedor de Riotorto falamos hoxe da experiencia na súa empresa, un exemplo de profesionalización no sector da horta. Xa na parte final do programa falamos con Cristina Castro, esta artista galega, autodidacta da pintura e fotografía, afincada en Ourol. Con ela falamos da exposición "Sobre as nosas cabezas" que estes días pode ser visitada na Casa da Cultura de Burela. SHIVA: Con ela conversaremos da exposição “Sobre as nosas cabezas”. Un traballo que aborda a carga e desigualdade que sofren as mulleres en moitas culturas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 434.14: Alejandro Fernández; Luz Aída Quiroga; Yahaira Shirley Castiñeira Quiroga; Marta Ledo Xardón. 1:01:20
1:01:20
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:20
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Inmediatamente despois da primeira música, por xentileza da profesora Lara Oliveros, tivemos unha magnífica entrevista que aborda o desenvolvemento económico no ámbito rural. Alejandro Fernández Reigosa, de Ferreira do Valadouro, presentounos unha empresa de produción de carne de vacún ecolóxica. O noso programa de diálogo entre culturas estivo centrado na experiencia dunha familia de orixe colombiana, residente en Burela. Acompañounos no estudio, Luz Aída Quiroga Delgado, chegada á nosa terra en 2006; e a súa filla, Yahaira Shirley Castiñeira Quiroga. Con Luz Aída e Yahaira falamos na parte central de Proxecto Neo. Na parte final do programa viaxamos a Asturias para falarmos con Marta Ledo Jardón, poeta, integrante da Asociación Axuntar. A Asociación Axuntar celebrou recentemente un encontro en Castropol: a entrega dos premios que levan o seu nome.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 433.14: Especial Radio Saúde Burela 1:01:29
1:01:29
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:29
O programa 433.14 foi, novamente, un monográfico dedicado á atención sanitaria. Coa axuda de Catalina Caamaño, farmacéutica do Centro de Saúde de Burela, conversamos con Alicia Rama. Alicia Rama García, traballadora Social no Servizo Galego de Saúde, é unha das responsábeis da Rede Galega de Promoción de Saúde na Área Sanitaria de Lugo. Feita esta contextualización inicial, coñecemos en que estado está (no ámbito local) a ponte de comunicación entre as escolas e a Estratexia de Prevención da Saúde. Polo sector educativo acompañáronnos no estudio, Rocío López, do Instituto Monte Castelo; Miruca Parga, do Instituto Perdouro; e Pepa Amor, da Escola Virxe do Carme, dos Castros. Finalizamos o programa coa intervención de tres autoridades do sistema sanitario no ámbito local: Maite Lanza, da Unidade de Asistencia á Drogodependencia; Rosa Fraga, de Atención Temperá; e Arantza de Miguel, médica no Centro de Saúde…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 432.14: Aarón Bermúdez; Moraima Yáñez; Pedro Lamas. 1:02:36
1:02:36
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:36
Abrimos o programa 432 cos espazos colaborativos: “a noticia do día”; e a crónica dunha viaxe educativa a Samos. Esta crónica foi unha nova colaboración do profesor Fernando Losada. Despois de viaxarmos ao Cebreiro e a Samos, regresamos á Mariña para conversarmos cun deportista convaleciente. Ese deportista convaleciente dunha lesión de gravidade chámase Aarón Bermúdez. A terceira convidada desta entrega foi unha comerciante moi coñecida en Burela, Moraima, a propietaria da Confitería KIKO. Con Moraima, entrevistada por Caetana, abrimos a sección: Mulleres emprededoras. Pechamos o programa conversando con Pedro Lamas, músico participante na Homenaxe a Joám Vicente Viqueira, organizada no día en que se cumpría o centenario do seu nacemento: o 22 de outubro de 2024.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 431.14: Xema Sanxurxo; Jose María Díaz; Nádia Cabral Moniz Gonçalves. 1:01:17
1:01:17
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:17
Abrimos o programa 431 con Xema Sanxurxo, colaboradora de Proxecto Neo e Coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística. Con Xema Sanxurxo, coruñesa, falaremos de ensino, de música e de moitos outros temas. Despois de estarmos con Xema Sanxurxo, que foi entrevistada por Moustaphá Sarr, recibimos a visita de Jose, que se define como “Proxecto de Mestre”. Foi o memento de coñecermos a iniciativa “Máis que particulares”. A terceira convidada desta entrega do programa foi Nádia Cabral Moniz Gonçalves. Esta moza, orixinaria da cidade da Praia, a capital de Cabo-Verde, chegou a Burela no ano 2020. Con ela falamos contra o final.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 430.14: Shiva Alinda Nurhackin; Johana Haz Sar; Iván Penelo 1:03:38
1:03:38
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:03:38
A primeira convidada do programa desta tarde foi a nosa compañeira Shiva Alinda Nurhackin. Shiva estivo mostrando estes días a súa obra artística no programa “Quen anda aí?”, da Televisión de Galicia. Grazas ao programa da Televisión Galega, Shiva retomou o contacto cunha amiga da infancia e nós tamén falamos esta tarde con ela. Chámase Johana Haz Sar. É de Muxía e estuda no Instituto Terra de Soneira, en Vimianzo. Nesta nova entrega do programa conversamos tamén con Iván Penelo, Técnico en Saúde Ambiental, pola Universidade de Santiago, e Pedagogo, pola Universidade de Santiago. Iván Penelo é monitor de surf e ademais traballa no Centro San Aníbal, de Burela.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 429.14: María García Abad; Javier Mogo Torrado; Bríxida Pino 1:00:05
1:00:05
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:05
Abrimos o programa desta tarde coa colaboración do profesor Fernando Losada, que nos fixo crónica da visita educativa con alumnas e alumnos de bacharelato ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Despois da colaboración do profesor Fernando Losada e da primeira das músicas, conversamos con María García Abad, estudante de Artes. Con María García Abad falamos de teatro, de patinaxe, de ximnasia rítmica e incluso de Artes Marciais. Despois da nosa conversa con María García, coñecemos o noso profesor Javier Mogo Torrado, da área de Administración. Nos minutos finais, o protagonismo foi para o centenario da Escola de Burela. Do centro escolar construído con diñeiro da emigración, que abriu as súas portas en 1924 (hai agora un século), falamos coa profesora Bríxida Pino, presidenta da Asociación de Veciños “O Vencello”.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 428.14: Yago Fernández Rubiños; Lara Oliveros Ben; Alberto Rapa. 1:00:34
1:00:34
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:34
Abrimos programa en conversa cun estudante do bacharelato de Ciencias. Chámase Yago Fernández Rubiños. O noso convidado practica pintura na Academia Mancharte, fai teatro na ADALA de Fazouro e é voluntario na Cruz Vermella de Burela. A segunda convidada, que nos acompañou no estudio, foi a profesora de Economía, Lara Oliveros Ben. A profesora Lara Oliveros presentounos hoxe o Proxecto Educativo: ACTIVA A TÚA VOZ. Nos minutos finais falamos de fotografía. Concretamente do CLUBE FOTOGRÁFICO IMAXE que, despois dunha pausa no camiño, toma novos folgos para prolongar os seus trinta e dous anos de historia. De Fotografía e do Clube fotográfico Imaxe, falamos co presidente da entidade: ALBERTO RAPA.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 427.14: Catalina Caamaño; Maria José Cortés Canay; Iago Míguez; Lina Gómez Pardo. 1:00:07
1:00:07
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:07
Abrimos a décimo cuarta etapa cunha entrevista a unha das nosas colaboradoras: Catalina Caamaño Isorna, farmacéutica do Centro de Saúde de Burela. Con Catalina Caamaño falamos primeiro de diálogo entre culturas. E despois presentamos unha actividade moi directamente relacionada coa saúde: A Semana da Mobilidade. O ámbito da Saúde tamén estivo representado pola segunda das convidadas: María José Cortés Canay, Directora do Hospital da Mariña. Neste programa en Feminino Plural, a nosa terceira convidada representou a ponte entre a escola e a participación política. Lina Gómez Pardo, concelleira de Cultura, mestra de profesión, presentounos o programa da Semana da Mobilidade. Con Lina Gómez Pardo estivo tamén Iago Míguez, Técnico de Deportes do Concello de Burela.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 426.13: Pablo Peláez Campos; Adina Vladu; Francisco Dubert. 1:01:06
1:01:06
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:06
Abrimos este derradeiro programa do curso 2023-2024 cunha entrevista moi especial, producida e realizada por un estudante que acaba de superar o primeiro curso do Ensino Secundario. Iago Rodríguez é o discípulo e Pablo Peláez Campos é o mestre. O tema: a música. Neste programa tivemos tamén tempo para a celebración do máis universal dos CARBALLOS. Trátase do CARBALLO do Proxecto Nós, o modelo de linguaxe que permitirá a creación de novas ferramentas e aplicacións de intelixencia artificial (IA) en idioma galego. Para coñecermos este novo CARBALLO, a nosa primeira convidada foi Adina Vladu, doutora en Filoloxía pola Universidade de Bucarest, investigadora en materia de lingüística computacional e -actualmente - investigadora asociada no Proxecto Nós. Nos minutos finais, falamos con Francisco Dubert, filólogo, profesor na Universidade de Santiago de Compostela.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 425.13: María Jartín; Javier Rouco; José Luis;Noé Quelle. 1:00:05
1:00:05
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:05
Abrimos o programa 425 cun novo traballo preparado polo profesor Fernando Losada. Desta vez foi unha reportaxe sobre un encontro entre dúas xeracións. Un paseo por Burela, organizado pola Cruz Vermella coa colaboración do Instituto Perdouro. Inmediatamente despois da audición desta reportaxe sonora, falamos da oferta educativa de soldaduras, tornos, fresadoras e do funcionamento de máquinas automatizadas. Neste programa falamos tamén da oferta educativa en materia de XESTIÓN ADMINISTRATIVA e tamén de ADMINISTRACIÓN e FINANZAS. Con Noé Fernández Quelle, un dos integrantes da Masa Coral Modelo Burela, falamos sobre os ciclos formativos da área de Electrónica. Os últimos minutos do programa dedicámolos a falar do coidado da IMAXE PERSOAL, especialmente do coidado do cabelo e da pel.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo424.13: Maria Navarrete; Gustavo Teodoro (IES Lucus Augusti); Carla Bouza (IES Muralla Romana). 1:01:35
1:01:35
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:35
Abrimos o programa 424 cunha conversa con María Navarrete, Educadora Emocional. A profesora da Universidade de Manresa está estes días traballando con adolescentes, familias e profesorado do Instituto Perdouro. Inmediatamente despois da conversa con María Navarrete, entramos en contacto con Gustavo Teodoro, do Instituto Lucus Augusti, para falarmos sobre o Enrédate. O Enrédate é un certame lúdico-literario organizado pola área de Cultura do Concello de Lugo. Sobre este mesmo tema, tamén falaremos con Carla Bouza, do Instituto Muralla Romana, e con un dos organizadores, Anxo Lamelo.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 423.13: Carmela López (alcaldesa de Burela); Estefanía Prieto; Laura Cao. 1:02:40
1:02:40
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:40
Esta semana comezamos coa emitisión dun novo traballo do profesor Fernando Losada que nos ppermitiu ouvir as recomendacións literarias realizadas por 7 alumnos e unha alumna do 1º curso de Ensino Secundario. Román, Cyntia, Gabriel, Senén, Iago, Yeray, Raúl e Adrián. Moitísimas grazas. E moitísimas grazas tamén para o noso profesor Fernando Losada. Logo a seguir entramos no contido central do programa coa música de Sofía Espiñeira que abriu a porta a unha entrevista con Carmela López, alcaldesa de Burela. Unha vez pasado o ecuador, conversamos con Estefanía Prieto, profesora de Lingua e Literatura Galegas, que se incorpora á docencia. Nos minutos finais ocupámonos de novo das Aulas sen Fume, que recibiron premios. Soubemos quen os levou e en que consisten.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 422.13: Víctor Bargiela; Guillerme Espada Barcón; Xacobe Bruña; Montserrat Pousa 1:02:39
1:02:39
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:39
Comezamos o programa 422 conversando con Víctor Barxiela, do Grupo de Lingüistas pola Diversidade, el foi o noso primeiro convidado. Víctor Barxiela estivo estes días facendo entrevistas na comarca da Mariña para estudar a situación de convivencia entre as linguas. Tamén atendeu a nosa chamada un estudante de Vigo. Guillerme Espada Barcón ten 14 anos. Está en 3º de ESO e no tempo libre estuda xaponés, toca o piano e a gaita e dedícase á lectura do origami. Esta semana falamos tamén das NEVES, o filme de Sonia Méndez. Xacobe Bruña, que fai o papel de Diego, contounos as súas impresións. No último dos contidos, visitamos a localidade arraiana de Goián e estivemos coa Doutora Montserrat Pousa Ortega para que nos falase do escritor Pablo Pousa Carrera.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 421.13: Andrea Varela; Daniela Fernández Rivas; Jennifer Balseiro Fernández. 1:01:19
1:01:19
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:19
Abrimos o programa 421 coa primeira protagonista da tarde, Andrea Varela, actriz de cinema, unha das protagonistas das NEVES, a primeira longametraxe de Sonia Méndez que foi estreada nestes días pasados. Coa axuda de Andrea Varela coñecemos algo máis sobre esta historia protagonizada por adolescentes. Inmediatamente despois falamos con Daniela Fernández Rivas, estudante do primeiro curso de Ensino Secundario. De teatro, de cinema e de educación falamos coa nosa seguinte convidada: Jennifer Balseiro Fernández. Jennifer Balseiro fixo, por un lado, estudos de produción e realización audiovisual; e, por outro, a carreira de Lingua e Literatura Francesa. Durante este curso é profesora no Instituto Perdouro.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 420.13: Antía, Xulia, Natalia e Helena (estudantes de 1º do ESO); Cyntia García Leal; María Reimóndez 1:00:46
1:00:46
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:46
Comezamos o programa 420 coa gravación dunha breve conversa con catro deportistas: Antía, Xulia, Natalia e Helena, estudantes do primeiro curso de Ensino Secundario que gañaron recentemente o campionato provincial de baloncesto na categoría Infantil. Despois de falarmos coas xogadoras de baloncesto, coñecemos outra estudante deportista: Cyntia García Leal, ela tamén está no 1º curso do Ensino Secundario, mais practica outro deporte, a ximnasia rítmica. O contido central deste programa 420, correspondente á semana de celebración das Letras Galegas, foi unha entrevista coa escritora María Reimóndez. A autora do Clube da calceta, Corredora, Usha ou Furia, estivo participando en Burela nun obradoiro de animación á lectura. Na parte final falamos con ela para sabermos como foi o resultado da visita.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 419.13: Catalina Caamaño; Eugenia Siretano Lupascu; Rut Busto Domínguez. 1:02:34
1:02:34
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:34
No programa 419 falamos con Catalina Caamaño, farmacéutica de Atención Primaria, que nos visitou novamente en calidade de coordenadora da aplicación en Burela da Estratexia de Promoción da Saúde, unha iniciativa do Ministerio de Sanidade. De saúde falamos tamén coa segunda convidada: Eugenia Siretanu Lupascu, médica de orixe moldava. A doutora Siretanu Lupescu está realizando a última fase de Médica Residente no Hospital da Mariña. Na terceira parte do programa tivemos como protagonista unha escritora de 15 anos. Chámase Rut Busto Domínguez e é de Ames, un concello moi próximo a Santiago de Compostela.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 418.13: Gabriela Prego e Marta Estévez Grossi; Julio López Quiroga; Miguel Calvo. 1:01:48
1:01:48
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:48
No programa 418 falamos da Olimpíada TROCANDO LINGUAS, un encontro que se celebra na Universidade de Santiago de Compostela. Sobre este programa da Olimpíada TROCANDO LINGUAS falamos coas profesoras Gabriela Prego e Marta Estévez Grossi. No noso particular tempo de animación á lectura estivo con nós o escritor Julio López Quiroga, quen nos contou como está a proveitar a segunda oportunidade que lle deu a vida. Xa na terceira parte do programa conversamos co profesor Miguel Calvo, do Instituto Ferrolterra, que nos presentou un invento mecánico. Chámase ECO-GREL.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 417.13: Programa dedicado ás Aulas sen fume; Brais Sixto; Jairo Campo Vázquez; Jorge Quelle; Maite Lanza. 1:01:54
1:01:54
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:54
O programa 417 estivo dedicado ás aulas sen fume. Aulas sen fume é un concurso educativo para a prevención do tabaquismo. Está dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, de entre 12 e 14 anos e está incluído no Plan Proxecta da Consellaría de Educación. Fomenta o compromiso individual e colectivo de non fumar durante 6 meses. Noutras palabras: como temos claro que o fume mata, este programa aposta pola vida. O primeiro convidado que nos acompañou foi Brais Sixto, deportista e actor. Estudante de 1º de ESO. Inmediatamente despois de falarmos con Brais, o protagonista da seguinte conversa foi Jairo Campo Vázquez, educador, deportista e xestor do deporte. Esta tarde tamén nos acompañou outra estrela do deporte: Jorge Quelle, xogador do Burela Futbol Sala, da primeira división. Xa nos últimos minutos do programa recibimos a visita de Maite Lanza, traballadora social; Técnica de prevención na Unidade de Drogodependencias de Burela.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 416.13: Dani Borrajo Trelles e Leire Mate Ares; César Fernández Zapata; Faustino Recalde 1:01:05
1:01:05
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:05
Esta semana abrimos o programa 416 coas recomendacións de programas da nosa radio á carta. Os participantes desta edición foron Daniel Borrajo Trelles e Leire Mate Ares. O protagonista da nosa primeira entrevista foi César Fernández Zapata, profesor de Lingua Inglesa no Instituto Perdouro e campión galego dunha das artes marciais, que nos deu a coñecer durante a entrevista. O segundo protagonista desta tarde foi Faustino Recalde, que participou representando o Seminario de Estudos “Os Espigueiros”, mais tamén o grupo teatral Ollomau, que representa O TRABALLO DE ANDREA na Casa da Cultura do Valadouro.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 415.13: Xavi Expósito; Samir Carrillo; Antía Domínguez; Yolanda Fernández; Nuria Revuelto; Adriana Polo. 1:00:46
1:00:46
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:46
Nesta ocasión o programa estivo dedicado ao ben-estar emocional e á convivencia. Antes de conversarmos con tres convidadas, emitimos catro breves colaboracións: unha de Xavi Expósito, outra de Samir Carrillo, unha terceira do alumnado da materia de Ciencias Ambientais e unha cuarta de Antía Domínguez Piñeiroa. Xa dentro das entrevista, en primeiro lugar, falamos con Yolanda Fernández, coordenadora de ben-estar emocional e convivencia no Instituto Perdouro. A segunda das convidadas foi Nuria Revuelto Crespo, psicóloga da Cruz Vermella. Para finalizar conversamos con Adriana Polo, ex-alumna do ciclo de Xestión Administrativa no Perdouro. Agora estudante de Markeeting e Publicidade no Instituto das Mercedes en Lugo.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 414.13: Entrevista a Miriam Beizana Vigo 1:00:55
1:00:55
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:55
O contido central do programa 414 foi unha colaboración do profesor Fernando Losada. Este preparou para Proxecto Neo unha moi completa entrevista coa escritora Miriam Beizana Vigo, unha escritora galega do tránsito entre os séculos XX e XXI. Agora está de máxima actualidade porque acaba de publicar un novo libro. Nos minutos finais do programa falamos sobre o aproveitamento pedagóxico deste programa. A radio á Carta de Proxecto Neo é unha magnífica fonte de recursos para a aprendizaxe da comprensión e a expresión oral.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 413.13: Nicolás Veiga;Catalina Caamaño e María Méndez; Ramón Casas, Compañía de teatro Ollomao. 1:02:55
1:02:55
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:55
No programa 413 conversamos con Nicolás Veiga, en representación da Asociación Guillém Veiga Iglesias que traballa para a detección precoz de trastornos de crecemento na etapa infantil. De saúde continuamos falando tamén nos seguintes minutos. Desta vez con Catalina Caamaño e con María Méndez, do Centro de Saúde de Burela. Con Catalina Caamaño, farmacéutica; e con María Méndez, enfermeira, falamos da PAUSA ACTIVA POLA SAÚDE que se realiza todos os días durante cinco minutos, entre as 12 e as 12:05. O lugar da cita é na praza do Concello de Burela e a convocatoria está incluída na ESTRATEXIA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE organizada polo Ministerio de Sanidade. Finalizamos o programa cunha información sobre teatro, porque no final desta mesma semana teremos en Burela un espectáculo que leva por título O TRABALLO DE ANDREA. Unha representación teatral da compañía OLLOMAO, de Barreiros.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 412.13: Sara, Lía e Sabela (IES de Beade); Silvia Iglesias e Suso de Toro 1:02:53
1:02:53
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:53
Esta semana abrimos o programa 412 cunha nova colaboración de Sara, Lía e Sabela, estudantes do Instituto de Beade, en Vigo. Mais unha vez, esta colaboración chegounos grazas ás xestións da profesora Silvia Iglesias. Con ela tamén falamos. Na segunda parte do programa conversamos co escritor Suso de Toro. Con el fixemos un repaso da súa traxectoria lingüística para acabarmos coñecendo a súa etapa de neofalante que o levou a facerse escritor na nosa lingua común.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 411.13: Antía Yáñez; Daniela Domingos Lopes. 1:02:54
1:02:54
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:54
No programa 411 conversamos coa escritora Antía Yáñez, que dirixiu en Burela un obradoiro de creación literaria. Este obradoiro de creación literaria estivo encadrado dentro da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Na segunda parte do programa estivo con nós Daniela Domigos Lopes, xogadora do Burela F.S. Con ela falamos sobre outra celebración reivindicativa: a da sensibilización contra homofobia no deporte.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 410.13: Ana Polanco (Monte das Moas); Sara, Lía e Sabela (Beade); Joana e Sara (Xoán Montes); Celia Bispo. 58:17
Esta semana comezamos o programa 410 coa colaboración de Ana Polanco, alumna do IES Monte das Moas. Da cidade da Coruña viaxamos á cidade de Vigo para ouvirmos as nosas colaboradoras Sara, Lía e Sabela, estudantes no Instituto de Beade. As nosas seguintes convidadas participaron desde a cidade de Lugo: chámanse Joana e Sara, Ambas estudan 1º de ESO no Instituto Xoán Montes. A protagonista central do programa foi Celia Bispo, unha muller de 96 anos, nacida no ano 1928. Ela foi entrevistada por Vreixo Cao, nacido no ano 2015, o integrante mais novo da masa coral Proxecto Neo.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo409.13: Aqui tamén se fala (IES Monte das Moas); Cristian Caruncho; Jesús San José Arranz; Uxío Rego. 1:00:00
1:00:00
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:00
Abrimos o programa cunha nova colaboración que nos enviaron desde o Instituto Monte das Moas, da Coruña. Neste caso, a colaboración dunha alumna. Despois da música, conversamos cun artista de Banda Deseñada: Cristian Caruncho, que nos presentou obra e que nos falou sobre un obradoiro a realizar no Instituto Perdouro. O noso seguinte convidado foi outro artista: o pintor Jesús San José Arranz, que esta semana inaugura exposición. Contra o final do programa, o protagonista foi Uxío Rego, estudante do Mestrado de Educación na Universidade da Coruña. Uxío está neste momento realizando as prácticas docentes como profesor de Tecnoloxia, orientado por Natalia Irímia, colaboradora do noso programa.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 408.13: IES Monte das Moas; Gr. de Part. Adolescente; Leticia Maseda e Edzana (IES de FOZ); Pedro Souto 1:00:47
1:00:47
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:47
Abrimos o programa 408 co AQUÍ TAMÉN SE FALA. Foi unha colaboración do Instituto Monte das Moas da Coruña. Despois da primeira música, Mateo Corral e María Puente faláronnos do Grupo de Participación Adolescente de Burela. Leticia Maseda, directora do Instituto de Foz, presentounos un encontro gastronómico internacional (MENU COM SABOR PORTUGUÊS) e introduciu a entrevista cunha das alumnas do Ciclo Superior de Hotelaría (polo sistema dual). Con Edzana Semedo Lopes conversamos demoradamente sobre a súa traxectoria vital, a formación académica e a experiencia no Grupo Paradores. Finalizamos a emisión cunha conversa co Xeneral Pedro Souto, que nos falou sobre o ENTROIDO DO ULLA.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 407.13: Aquí tamén se fala;Yeray Díaz;Iago Rodríguez;Sara Pico (IES Muralla Romana); Brais Pedreira Taboada 1:02:03
1:02:03
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:03
Iniciamos o programa 407 cunha das colaboracións do Aquí TAMÉN SE FALA: desta vez foi unha crónica que nos chegou de Vigo. Concretamente do Instituto Santa Irene. A primeira das músicas serviu para abrir a porta a dúas novas voces no noso programa: as de Yeray Díaz e Iago Rodríguez, que xa levan unhas semanas connosco, en cualidade de observadores. A seguir, Sara Pico, alumna do Instituto Muralla Romana de Lugo, falounos do Concurso Lucus Intercentros, que se celebrou durante este mes de xaneiro. Em Proxecto Neo tamén falamos hoxe de estudos de HOSTELARIA. Foi unha colaboración do Instituto de Foz, que prepara un singular encontro gastronómico a celebrar no próximo día 8 de fevereiro. Finalizamos a emisión cunha conversa sobre ATENCIÓN Á DIVERSIDADE educativa. Neste caso o noso experto foi o profesor BRAIS PEDREIRA TABOADA.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 406.13: Aqui tamén se fala; Érica Gomes Mendes; Brais Tato (IES Nº 1 na Estrada) 1:00:29
1:00:29
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:29
Neste programa 406, contamos cunha nova colaboración da Escola dos Castros. O seu gatiño enviounos un novo presente: é unha recomendación literaria moi orixinal. Despois o AQUÍ TAMBÉM SE FALA levounos hoxe a dous lugares diferentes: Viveiro e a Estrada, do primeiro tivemos unha colaboración do Instituto María Sarmiento e da Estrada chegounos unha crónica que nos envíaban do Instituto Número 1. A entrevista central do programa desta tarde estivo protagonizada pola nosa directora, a profesora Vanessa Vila-Verde, e unha alumna da Universidade de Santiago: Érica Mendes Tavares. Érica Mendes Tavares estudou no Instituto Perdouro, en Burela; e a súa foi a primeira promoción con título B1 polo sistema CUALE, o programa de Cualificación Lingüística. Nos minutos finais, atendeu a nosa chamada Brais Tato, un deportista e criador audiovisual que está no final da etapa do Ensino Secundario Obrigatorio.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 405.13: Marta P. Freire (Bico de Grao); Catalina Caamaño (C. de Saúde-Burela); Javier Saco (Escolapios) 1:01:19
1:01:19
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:19
Por indicación do Instituto Muralla Romana da cidade de Lugo, entramos en comunicación coa cooperativa Bico de Grao, situada na Ronda das Fontiñas. Marta Pérez Freire atendeu a nosa chamada e explicounos en panorámica as actividades de carácter comercial e socio-educativas que realizan. Puxo especial énfase na importancia do uso do idioma galego nas expresións oral e escrita, na atención presencial e na comunicación a través das redes sociais. Por iso a consideramos un modelo de boas prácticas dentro da iniciativa AQUÍ TAMÉN SE FALA. A farmacéutica Catalina Caamaño, do Centro de Saúde de Burela, visitounos no estudio para explicarnos as razóns que levaron o Concello de Burela a participar activamente no Plan Estratéxico de Saúde Nacional e convidounos a asistir ao acto de presentación a celebrar o día 19 de xaneiro no Auditorio Municipal. No terceiro dos contidos, subimos un novo nivel. Nicolás Amorín conversou co profesor Javier Saco, docente no Centro de Ensino dos Padres Escolapios de Monforte. Nós felicitámolo por estar entre os dez finalistas do Premio Educa e el presentounos o seu caderno de bitácora www.elrincondeleonardo.com…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 404.13: Estela Rial Suárez (IES da Illa de Arousa); Vanessa Vila-Verde; Bernardo Penabade 59:33
Na xornada do día 10 de xaneiro de 2024 chegou o programa de número capicúa: 404. Para celebrar data tan sinalada queríamos unha entrevista especial e o profesor Emilio Cambeiro facilitounos esa oportunidade. A través del tivemos coñecemento do potencial de Estela Rial Suárez, con quen entramos en comunicación e de quen recibimos todas as facilidades para a colaboración con Proxecto Neo. Unha profesora de Lingua e Literatura facendo unha entrevista a unha estudante de 4º de ESO. A distancia era só física, de 300 km. O resto era sintonía plena os latidos do orgullo de ser. Con esta forza e esta ilusión comezamos este novo ano, en que estreamos nova coordenación. Benvida, profesora Vanessa Vila-Verde!…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 403.13: Escola dos Castros (Burela); Vanesa Vila Verde; Alberto Pombo (Aquí tamén se fala...) 1:01:59
1:01:59
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:59
Neste programa 403, o derradeiro do ano 2023, contamos con tres colaboracións da Escola dos Castros: unhas adiviñas, un poema dedicado ao Apalpador e unha canción interpretada e gravada no propio centro educativo. Despois falamos da FOLIADA INTERNACIONAL MODELO BURELA a celebrar durante a noite do día 22 de decembro no Centro Social Xebra. A profesora Vanesa Vila Verde presentou a actividade, falounos das Soalhas (as artistas que conducirán o evento) e convidounos a asistir activamente (isto é;: convidounos a levar un instrumento musical ou a poñer a voz para cantar). A terceira parte do programa estivo protagonizada polo profesor Alberto Pombo, do IES Rafael Dieste da Coruña, que nos presentou a nova edición do AQUí TAMÉN SE FALA, que este ano xa conta coa participación de 150 centros educativos e que chegará a uns 10.000 comercios de toda a xeografía galega.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 402.13: Noely Cardoso Borges; Carla Nepomuceno; Cristian Gómez Mesa; Karina Parga 1:00:11
1:00:11
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:11
Desde hai varias semanas, Noely Cardoso Borges é unha voz fundamental no programa. Durante as mañás asiste ás aulas de FP Básica e de tarde asiste ás aulas do programa QUALE e solicita á profesora Vanesa Vila-Verde o asesoramento necesario para locutar a cabeceira de Proxecto Neo. Ás 5 séntese con nervos, mais está preparada. Neste programa quixemos falar con ela e ela asumiu a entrevista como un servizo ao grupo. Sinceramente, cremos que coa gravación da conversa conseguimos un documento de grande valor pedagóxico. De grande valor pedagóxico é tamén a entrevista de Hugo F. Galdo (alumno de 2º de ESO) a Carla Nepomuceno, unha autoridade en Lingüística e Pedagoxía. Licenciada en Artes e Humanidades pola Universidade do Mato Grosso, ex-profesora na Universidade Aberta do Brasil, é agora docente no ensino secundario galego (concretamente no IES Gamallo Fierros de Ribadeo). A alternancia de sotaques durante a conversa é como o fluír das ondas oceánicas que comunican Europa e América. Todo un exemplo de unidade e diversidade lingüística. Á vista destes dous fragmentos centrais, a parte final do programa -protagonizada por Cristian G. Mesa e Karina Parga- foi un simple complemento. Non deixen de escoitar a primeira entrevista realizada por Nicolás Amorín.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 401.13: Izan Maseda e Nicolás Amorín; Jimena e Pablo Domínguez; Martín Barcia; María Fuente 1:01:23
1:01:23
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:01:23
Primeira entrega feita unha vez superada a barreira dos 400 programas. Celebramos o momento coa incorporación de dúas novas voces: as de Izan Maseda e Nicolás Amorín, que aproveitaron extraordinariamente ben as dúas xornadas de observación directa en que xa tiñan participado no estudio. Unha filla (Jimena) e un pai (Pablo) fixeron un esforzo nas súas axendas e subiron ao estudio para comentarnos os preparativos dunha viaxe educativa a Bélxica, organizada pola Escola de Ensino Infantil e Primario Vista Alegre. Pablo Domínguez falou moi pouco. Non era necesario. A intervención de Jimena estivo á altura da iniciativa que mantén a comunidade da escola, con participación activa de todos os sectores implicados: colosal. Entre os minutos 45 e 60 tivemos dúas novas entrevistas: Yanira conversou con Martín Barcia, premiado nun certame de artes plásticas convocado polo Concello de Burela; e Hugo falou con María Fuente sobre as actividades do Grupo de Participación Adolescente de Burela, que participou nun acto institucional no Parlamento de Galiza.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 400.13: Albano González Cancio; Laura López González; Djenifer de Brito Semedo 1:02:29
1:02:29
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:29
Na tarde do día 29 de novembro de 2023 chegamos ao programa 400. Celebrámolo con conversas centradas en experiencias de educación inclusiva. Na primeira entrega, Ineida Moreno falou con Albano González Cancio, que nos atendeu en cualidade de profesor de Historia da Arte, de Director da Banda Musical Dambara e de dinamizador cultural e intercultural de prolongada traxectoria. Unha entrevista recomendada para persoal docente, para as familias e para traballar nas aulas do ensino secundario; mais tamén unha entrevista con moita utilidade para o estudantado das facultades de Ciencias de Educación e dos Mestrados orientados para a docencia. Na segunda entrega, os protagonistas foron Bernardo Penabade, o entrevistador, e Laura López González, entrevistada: a profesora Orientadora do Instituto Perdouro. Nos minutos finais, a profesora Vanesa Vila-Verde conversou con Djenifer de Brito Semedo, a primeira estudante cabo-verdiana que mantivo colaboración con estabilidade no noso programa.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 399.13: Lucho Penabade Outeiro; Miguel Rodríguez; Antia Cortiças 1:02:57
1:02:57
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:57
A compañía teatral Os Quinquilláns cumpre vinte e cinco anos en activo. Nós celebramos tan extraordinaria efeméride cunha conversa con Lucho Penabade Outeiro. Lenise Sofia Lopes Martíns ocupouse de conducir o diálogo. Con Miguel Rodríguez, coordinador do funcionamento da biblioteca do Perdouro, falamos sobre unha actividade organizada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional: as visitas científicas, artísticas e literarias. Nos minutos finais, a protagonista foi Antia Cortiças Leira, que nos falou sobre o programa PIALE que levou a Portugal unha vintena de docentes de Galiza durante un mes.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 398.13: Alexandra Alonso; Izan Domínguez e Laura A. Fernández; Serxio Gómez Couto 1:02:12
1:02:12
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:12
Alexandra Alonso entrou para a Masa Coral Modelo Burela cando tiña entre 12 e 13 anos e estaba cursando 2º de ESO. Despois permaneceu neste grupo de traballo semana a semana durante cinco anos máis. Todo un exemplo de constancia e dedicación. Agora retornou activamente ao estudio para falarnos das súas primeiras prácticas docentes oficiais, que realiza en Burela coa dirección da Faculdade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Na segunda parte do programa fixemos crónica dunha saída educativa polas terras da Mancha e Andalucía. Laura A. Fernández e Izan Domínguez faláronnos do programa das Rutas Científicas e con eles viaxamos a Ruidera, ás covas de Montesinos, a Almagro, Bailén, Córdoba e Málaga. Xa contra o final, Serxio Gómez Couto -hoxe en representación da Asociación Dambara- presentounos o programa da FESTA da MÚSICA, que reunirá o próximo día 25 de novembro en Burela un total de DE-ZA-SE-TE entidades musicais.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 397.13: Lenise Sofia Lopes Martins; Javier Castrillón González-Redondo 1:02:07
1:02:07
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:07
Entramos na primeira entrevista coa música da Filipa Pais. A convidada: Lenise Sofía Lopes Martins, estudante do Instituto Monte Castelo e Premio Erasmus +. Con ela falamos da Escola Secundaria Salineiro, na Illa de Santiago en Cabo Verde; e falamos tamén dos ciclos de Auxiliar de Coidados e do de Química e Saúde Ambiental. Con Javier Castrillón González-Redondo tíñamos previsto falar da súa experiencia no grupo INDITEX. Mais esa só a previsión. Na verdade abordamos moitos outros temas. O convite para a audición está feito!…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 396.13: Noé Vázquez García; Ana Ojea Alonso 1:02:03
1:02:03
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:03
Noé Vázquez é profesor de Lingua e Literatura no Instituto Perdouro. Titulado en Filoloxía pola Universidade da Coruña, realizou estaxio Erasmus na Universidade do Minho en Braga. Con el falamos tamén de música: de Chasis -a banda de rock-, da Asociación Musicoleiros e do Festival Rockaronleiros. Ana Ojea, profesora de Cultura Audiovisual, é a Presidenta da asociación de docentes Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galiza; e responsábel do Programa de Atención á Diversidade Sexual, de Identidade de Xénero e Familiar e Tutora LGBTIQA+ no IES Politécnico de Vigo desde 2017. Antes de ofrecer no Instituto Perdouro unha sesión informativa para familias, atendeu a nosa solicitude de participación neste programa de radio educativa.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 395.13: Apócemas da Escola dos Castros; Ana Moura ("Bentinha); Luís Roberto Prado Díaz 1:00:17
1:00:17
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:17
Na cabeceira do programa 395 recollemos dúas terroríficas apócemas que nos enviou o alumnado da Escola dos Castros. Inicialmente tivemos moito medo, mais pouco tempo nos durou no corpo: a música da Mayra Andrade foi terapéutica e a través dela conseguimos o antídoto contra o arrepío. A primeira convidada no estudio foi Ana Moura, integrante do grupo de batukadeiras Nós Herança. Na segunda parte falamos con Luís Roberto Prado Díaz, psicólogo pola Universidade Andrés Bello, da Venezuela. O noso convidado, con raíces galegas, estivo por primeira vez na nosa terra en 2021, xusto antes de se deslocar á Dinamarca. Agora traballa no aeroporto internacional de Copenhague.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 394.13: Bernardo Penabade; Noé López Paz; Carme Sampedro Miranda; Ana Orol González 1:02:20
1:02:20
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:02:20
Bernardo Penabade fixo a crónica dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega. Noé López Paz, traballador non docente no Instituto Perdouro, falounos da práctica deportiva como fonte de saúde. Carme Sampedro Miranda presentounos unha vez máis as actividades dos 365 días pola Igualdade. Ana Orol González falounos do clube de lectura que se reúne na biblioteca do Instituto Perdouro.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 393.13: Anxo Rivas; Miruca Parga; Félix Pardo; Ineida Moreno; Pepe Peinó; María José PArdiñas 59:57
Dia 11 de outubro de 2023. Foi a data da primeira emisión desta 13ª etapa. O programa que chegou ás ondas en xaneiro de 2012 alcanza agora a edición número 393. Varias ducias de estudantes de 13 promocións propiciaron que na radio á carta teñamos mais dun millar de voces ofrecéndonos o seu ensino a través das ondas. Finalizamos unha etapa de 12 anos en Radio Burela e abrimos un novo período a través da xenerosa colaboración de Radio Foz e Radio Valadouro. Despois da entrada feita con voz poderosa por Yanira Lopes Martins, o n primeiro convidado é unha autoridade na radiofonía galega: Anxo Rivas, de Radio Foz. Con el falou Sara Villarquide. Miruca e Hugo presentaron a historia do novo estudio de gravación e Yanira e Félix comentaron como se fixo a montaxe técnica. Vanesa Vila-Verde e Ineida Moreno presentaron a oferta educativa do programa de Cualificación Lingüística (CUALE) nos niveis internacionais B1 e B2. Xa contra a parte final, acompañounos outra grande referencia na radiodifusión: o mestre Pepe Peinó, que nos lembrou o seu traballo educativo no IES de Alfoz en colaboración coa Radio Valadouro. As palabras de María José Pardiñas, directora do IES Perdouro, puxeron o broche final a un programa en que tivemos música de Vic López, Grande Amore, Élida Almeida, Diplomáticos de Monte Alto e Ukestra do Medio. Estamos felices de nos reencontrarmos nas ondas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 392: Christopher Reyes e Elena Pérez (IES M. Sarmiento); Rosa Espiñeira (Bibl. Maravilhas); Lionel Rexes 59:39
Abrimos o programa coa recomendación literaria feita pola profesora Inés Cortés, da Universidade da Coruña. Inmediatamente despois chegou o Momento RPA, desta vez protagonizado polo estudante Christopher Reyes Miranda e Elena Pérez, directora do Instituto María Sarmiento. A música dedicada ás famosas Sete Mulheres do Minho, na voz do Zeca Afonso, abriu paso á conversa entre Ana Lestao e Rosa Espiñeira. A estudante debutaba como entrevistadora e a directora da Biblioteca Maravilhas facilitoulle moita información, a fundamental: a programación estival das actividades a realizar na Escola de Arroxo, en Lourenzá. A 12ª etapa, correspondente ao curso 2022-23, levounos ás 392 semanas en antena. O protagonista da "sesión de clausura" foi o escritor Lionel Rexes, entrevistado por Carla Paz. Co cantar do galo ao fondo, coñecemos a Montaña do poeta e revisitamos a Raíña das velutinas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 391: Aniversario RPA; Antón Becerra; Juliamni Godoy; Arcadio G. Novoa 1:00:00
1:00:00
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:00
Desta vez a Recomendación Literaria chegounos desde a Escola Pedro Caselles, de Xove. Foi na voz de Xacobo, profesor de Educación Física. No momento do PROXECTO AMIGO emitimos o primeiro traballo co que debutaron nas ondas o día 21 de xuño de 2022. Antón Becerra foi desta vez a primeira voz que nos falou en representación da comunidade educativa do Instituto Rafael Dieste da Coruña. A súa interlocutora foi Carla Paz, que debutaba nesta responsabilidade. Quen tamén debutaba na comunicación a través das ondas era JULIAMNI GODOY, que realizou unha brillante intervención. Un programa así tiña que finalizar cunha coroa de loureiro. Así foi a entrevista que Nuria Ramos Cuba lle fixo a Arcadio Novoa, profesor de Filosofía e un dos integrantes do grupo OS AMIGOS DOS MÚSICOS.…
P
Podcast de Proxecto Neo

Abrimos o programa cunha Recomendación Literaria do profesor Luís Escolar, do IES Marqués de Sargadelos. A seguir recibimos a colaboración de Iago Mon, estudante de 1º de Bacharelato, que nos achegou unha nova entrega de Música para o Estudo da Historia. O Espazo RPA estivo dedicado á escritora Eva Mejuto, con motivo da súa visita ao Instituto María Sarmiento. O primeiro dos tres contidos centrais foi unha entrevista de María Fuente a Patricia González Mota, "Peque". A estrela do Burela FS fixo un emotivo repaso do seu longo paso pola nosa terra. As seguintes entrevistas estiveron dedicadas á intervención educativa do Instituto Rafael Dieste da Coruña. Esta semana o protagonismo centrouse en Jusvely Godoy e Dani Vilares.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 389: Andrés Calderón (Aquí tamén se fala galego); Fran R. Torrón; Carla Paz 1:00:00
1:00:00
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:00
Johan é profesor auxiliar de Lingua Inglesa no Instituto María Sarmiento de Viveiro. Por xentileza da Radio Proxecto Amigo (RPA), puidemos reproducir unha entrevista con el. O espazo da Música para o Estudo da Historia viaxou ao Valadouro, desde onde colaborou Laura Prado Chao. O protagonista da primeira entrevista foi Andrés Calderón, estudante do Instituto Rafael Dieste, da Coruña. Estivo con nós para presentarnos a intervención académica que leva por título "Aquí tamén se fala galego". Para complementar este mesmo tema, tamén entramos en contacto con Fran R. Torrón, luthier con obradoiro na cidade coruñesa e unha das persoas colaboradoras desta campaña. Na última parte do programa atendeunos Carla Paz, que nos falou de Literatura e Artes Plásticas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 388: Yolanda Fernández; Ana Lestao; Ana Fernández Melón 1:00:04
1:00:04
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:04
Yanira Lopes Martíns conduciu unha nova entrega de Proxecto Neo. Coa axuda de Hugo, Sara e Germán, presentaron os seguintes contidos: - a recomendacion literaria de Carmen García, profesora de Lingua e Literatura Castelá. - unha nova entrega da colaboración coa emisora Radio Proxecto Amigo, do Instituto María Sarmiento. - o espazo "Música para o Estudo da Historia", con participación de Ana Freire Rancaño. - e tres entrevistas a: 1.- Ana Lestao, gañadora do Certame Eu son Pilabot. 2.- Yolanda Fernández, profesora especializada en Educación Emocional. 3.- Ana Fernández Melón, poeta, autora do libro: 1977-2023.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 387: Música para o estudo da Historia; Masa Coral Modelo Burela; Luís Álvarez Pousa 1:00:43
1:00:43
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:43
O 387 é un programa de estreas por partida dobre: primeiro unha sección dedicada á Música de contido histórico e despois un espazo de colaboración coa RPA, a emisora educativa do Instituto María Sarmiento. Ademais da tradicional recomendación literaria, que nesta semana nos trouxo Maite Lanza, viaxamos aos Peares para falar con Germán, Sara, Hugo e Carmen Sampedro, integrantes da Masa Coral Modelo Burela, que participan nun curso de inmersión lingüística en inglés. No último cuarto do programa presentamos un novo libro de Luís Álvarez Pousa: MEDIOS E POLITICOS BAIXO SOSPEITA (1990-2023), editado por Laiovento.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 386: Francisco Basanta (IES M. Sarmiento); Marta Estévez Grossi (USC) 1:00:30
1:00:30
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:30
Nuria Ramos Cuba regresou ao programa e fíxoo ao estilo Masa Coral: coa roupa de traballo e a disposición para colaborar. Súa foi a primeira das entrevistas, a que tivo como protagonista o profesor Francisco Basanta Barro (unha das grandes referencias do deporte galego, tanto como futbolista como preparador técnico). Despois das palabras do coordinador da expedición de radiofonistas, interviron tamén dous profesores e dúas alumnas. Na segunda parte do programa, Hugo F. Galdo conversou coa profesora Marta Estévez Grossi, docente nas Universidades de Santiago de Compostela e Hannover. O tema de conversa é a mediación comunicativa, especialmente protagonizada por mozas e mozos na etapa da adolescencia.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 386: Francisco Basanta (IES M. Sarmiento); Marta Estévez Grossi (USC) 1:00:30
1:00:30
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:30
Nuria Ramos Cuba regresou ao programa e fíxoo ao estilo Masa Coral: coa roupa de traballo e a disposición para colaborar. Súa foi a primeira das entrevistas, a que tivo como protagonista o profesor Francisco Basanta Barro (unha das grandes referencias do deporte galego, tanto como futbolista como preparador técnico). Despois das palabras do coordinador da expedición de radiofonistas, interviron tamén dous profesores e dúas alumnas. Na segunda parte do programa, Hugo F. Galdo conversou coa profesora Marta Estévez Grossi, docente nas Universidades de Santiago de Compostela e Hannover. O tema de conversa é a mediación comunicativa, especialmente protagonizada por mozas e mozos na etapa da adolescencia.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 385: Mónica Antelo (IES RAFAEL PUGA); Rosa Espiñeira (Biblioteca Maravilhas); Ana Orol 1:00:00
1:00:00
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:00
Coa música de Brais Morán, entramos nunha entrevista a Mónica Antelo, estudante de 1º de bacharelato no Instituto Rafael Puga Ramón, da Coruña. Con ela falamos do seu primeiro libro: Por que a terra é redonda?, que foi editado con fins benéficos. Pola súa parte, Rosa Espiñeira Pan, da biblioteca Maravilhas, con sede na Escola de Arroxo (Lourenzá), presentounos este centro cultural e convidounos a visitar a exposición Palabra e Memoria, que recolle 23 fotografías de lápidas con epitafios. Na terceira parte do programa, os protagonistas foron a profesora Ana Orol e o estudante Fábio, participantes nunha viaxe educativa por Portugal.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 384: Miruca Parga; Mónica Alonso; Pedro Jorge Pereira; Antía Neira Fraga; Mateo Corral Caamaño 1:00:00
1:00:00
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:00
A profesora Miruca Parga recomendounos a lectura dun libro de Rosa Aneiros: Resistencia, narrativa en homenaxe á revolución do 25 de abril. A segunda colaboración foi preparada pola tamén profesora Mónica Alonso, da área de Educación Física. Neste caso fainos crónica da presenza na Mariña dun Grande Mestre do TAI CHI. A música dos Azeitonas abriu ás portas a unha conversa con Pedro Jorge Pereira, responsábel da empresa Slow Motion Tours. No dia 23 de abril, Pereira participou nunha palestra no Centro Social Xebra para realizar unha análise Eco-Social da cidade do Porto nas décadas mais recentes. Este guía de visita, que colabora con institutos e escolas oficiais de idiomas de toda a xeografía galega, organiza roteiros e programas turísticos alternativos. Con eles pretende proporcionar unha forma diferente de coñecer e envolverse nas realidades locais. Con Antía Neira Fraga, do Barral de Cima (Mondoñedo), falamos dos estudos de Sanidade Animal no Instituto de Fonteboa, en Coristanco. Ao mesmo tempo, tamén fixemos referencia á súa granxa familiar con sede na parroquia natal; e mesmo dedicamos uns minutos ao concurso de razas animas celebrado na cidade de Xixón. Nos minutos finais recibimos tres novas voces: a de Mateo Corral Caamaño, Vreixo Cao Lamelas e Celtia Gallo Gasalla.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 383: Jorge F. Viso, Noel Cayón e Oscar F. Aldana (S.D. Porto de Burela); Diego Madarnás (IES Milladoiro) 1:00:00
1:00:00
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:00
Tres futbolistas escollidos para a selección sub-13 representativa da provincia de Lugo foron entrevistados nunha das aulas do instituto durante o tempo de recreo. De fondo escóitanse os ruídos propios dun momento de descanso, mais a entrevista gaña en espontaneidade. A conversa gravada é un documento moi interesante tanto para o deporte como para a cultura e a educación. NA segunda parte do programa conversamos con Diego Madarnás, un magnífico exemplo da pedagoxía que se está aplicando neste momento no Instituto do Milladoiro. O protagonista da última entrevista é Germán Quintana, estudante de primeiro de ESO e participante nun grupo de estudantes que participaron con éxito no certame Enreguéifate.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 382.12: Maribel Crecente; Antonio Reigosa; Luísa Diéguez 1:03:36
1:03:36
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:03:36
A recomendación literaria da profesora Maribel Crecente abre o programa 382. O primeiro entrevistado foi o escritor Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo. Convidounos ao acto de homenaxe a Cándido Carreiras a celebrar o próximo día 15 de abril, coa inauguración dun monumento funerario no cemiterio civil da localidade. Na segunda parte do programa falamos con Luísa Diéguez, profesora no instituto Rafael Puga Ramón e autora dunha exposición fotográfica centrada na deturpación da toponimia galega.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 381.12: M. Barrientos + Esp. IES M. Sarmiento (Vítor Rolle; Noa Suárez; Candela Villarmea; Mateo Rubal) 1:04:37
1:04:37
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:04:37
Despois da Recomendación Literaria de Gonzalo Ruíz Liso, abrimos o programa cunha nova entrega do espazo “Si. Muller. Deporte”, que estivo protagonizado por Mercé Barrientos Varela, unha das máximas autoridades do taekwondo galego. Xusto despois desta entrevista, tivemos un programa dedicado integramente ao Instituto María Sarmiento de Viveiro. Primeiro falamos con Vítor Rolle, o cantineiro; máis tarde estivemos en conversa con Noa Suárez, alumna de 2º de ESO; e a seguir conversamos con Candela Villarmea, xogadora de baloncesto. Xa no final do programa, o noso contertulio foi Mateo Rubal, moi coñecido, pola súa participación en certames internacionais de soldadura.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 380.12: Vanesa Vila-Verde; Uxío Alho; Cultura Marítima 1:00:00
1:00:00
Toista Myöhemmin
Toista Myöhemmin
Listat
Tykkää
Tykätty1:00:00
Abrimos o programa coa recomendación literaria feita pola profesora María Dolores Reimunde Noreña. Despois da música, reproducimos unha entrevista coa profesora Vanesa Vila-Verde. Esta peza informativa, realizada por unha unidade itinerante da Radio Galega, foi emitida en directo desde o patio do Instituto Perdouro no momento en que se estaba desenvolvendo o Día da Literatura Cabo-Verdiana. A entrevista central do programa estivo protagonizada por Uxío Alho, da empresa Maruxío. Ademais de falarnos das galletas artesás que fabrican na Estrada, o convidado falounos tamén da Escola de Embarcacións Tradicionais da Illa da Arousa.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo, 379.12: Daniela de la Plaza (C.A. "Maderas Barcia"); Dane G. Níñez (VIVEMAR); Francisco Pereira 59:56
Daniela de la Plaza, de 9 anos, estudante na Escola da Península da Paz, mostrounos oito medallas conseguidas en diferentes probas deportivas. A atleta do "Maderas Barcia - Cervo" destaca nas carreiras de lonxitude (dos 50 aos 1000 metros), nos saltos e nos relevos. Dane García Níñez presentounos os Encontros de Cultura Marítima a celebrar no Museo do Mar, en San Cibrao, o día 18 de marzo. Nos minutos finais reproducimos unha entrevista realizada pola Radio Galega ao profesor e deputado Francisco Pereira, da Universidade de Lausanna, que nos acompañou na celebración do 1º Día da Literatura Cabo-Verdiana.…
Tervetuloa Player FM:n!
Player FM skannaa verkkoa löytääkseen korkealaatuisia podcasteja, joista voit nauttia juuri nyt. Se on paras podcast-sovellus ja toimii Androidilla, iPhonela, ja verkossa. Rekisteröidy sykronoidaksesi tilaukset laitteiden välillä.